Ola a todo o alumnado de terceiro. A primeira publicación deste blog quería que fose unha chamada a animarvos a ler. A lectura como lecer, pero tamén, para aprender, para soñar, coñecer novos mundos, persoas, paises reais ou imaxinarios. Hai moitas frases famosas en relación coa lectura pero máis aló do que nos digan, non hai nada como a experiencia da lectura dun libro que nos "engancha".