Vistas de página en total
viernes, 29 de octubre de 2021
jueves, 28 de octubre de 2021
NOVO CONSELLO LECTOR
Verónica recoméndanos "Salvemos el planeta, Zoé!
Trata dun misterio relacionado coa súa famosa irmá Matilde, que perde a memoria en Tulum, México.
Zoé e o seu grupo acompañados da súa nai van ata Tulum, pero non lle deixan aloxarse no mesmo hotel que a súa irmá. Cando encontran unha pousada aloxanxe nela.
Alex e Zoé disfrázanse de camareira e botóns para infiltrarse no hotel e chegar a habitación de Matilde. Pero cando chegaron viron que ela recuperou un pouco a memoria.
Logo no concerto do festival Ovni de Matilde disfrazan a o sirvente dunhas das tías de Zoé en un Ovni.
E remata cunha festa sorpresa para Zoé xa que era o seu aniversario.
miércoles, 27 de octubre de 2021
martes, 26 de octubre de 2021
lunes, 25 de octubre de 2021
miércoles, 20 de octubre de 2021
CATAVENTOS. Un consello lector de Sofía
O cataventos
Este conto trata dunha vila con moitos animais, sobre todo de galos e paxaros.
É moi tranquila e moi bonita. Ten unha igrexa e moitas casas.
O que máis me gustou do conto é cando fixeron unha torre de galiñas e enriba estaba o galo, que quería chegar á punta do tellado. Tamén encantanme as ilustracións.
É un conto moi bonito.
jueves, 14 de octubre de 2021
XAIME E AS LANDRAS
Agora que estamos estudando as plantas, é bo lembrar esta historia dun neno chamado Xaime e unha landra, e de cómo ambos medraron e viviron unha vida superando dificultades para chegar a un final.... Bueno, o final si o queres coñecer xa sabes, bótalle un ollo, ou mellor busca o libro e disfruta.
sábado, 9 de octubre de 2021
miércoles, 6 de octubre de 2021
HÁBITOS DE ESTUDO
Consellos para establecer un hábito de estudo
Cando falamos de estudo, en nenas e nenos de Ed. Primaria, estamos a falar non só das tarefas, se non de todas as actividades referidas ao traballo escolar como repasos e estudo de distintos temas, traballos, lecturas, consultas en internet,…. Sempre hai algo que traballar. Se non hai tarefas haberá que repasar leccións, facer exercicios a modo de práctica,….
O estudo é necesario para o normal desenvolvemento da aprendizaxe. Creando un hábito de estudo facilitamos a aprendizaxe no presente e preparamos ao alumnado para afrontar os estudos que realicen no futuro, que requiren de máis tempo pola súa dificultade.
Onde estudar? |
Cando estudar? |
Como crear o hábito? |
Canto tempo? |
Que estudar? |
Preferiblemente no mesmo lugar.
Non pode haber distraccións ao seu alcance. É moi difícil estudar ou facer unha tarefa que require concentración ao mesmo tempo que ollamos para a televisión, por exemplo. |
Preferiblemente sempre á mesma hora.
Un bo momento é entre as 17 e as 19 horas. Deixando un tempo de descanso despois de comer e evitando rematar moi tarde.
|
Os 15 minutos anteriores ao estudo evitar realizar actividades excitantes.
Establecer un pequeno ritual antes de comerzar, como por o material que se precisa, revisar a axenda para ver o traballo que se precisa facer, despexala mesa de traballo,…
Evitar as interrupcións, especialmente durante os primeiros 10 ou 15 minutos.
Dependendo da persoa, pode ser moi aconsellable “visitar” á nena ou neno para “supervisar” o traballo e animalo a que continúe.
Insistir na importancia de intentar realizar as tarefas. Apréndese máis do que se fai mal que do que NON se fai. |
Con alumnado que teña pouco hábito de estudo comezar durante dúas semanas con 30 minutos diarios reais. A partir da segunda semana aumentar o tempo progresivamente. Para alumnado de 3º e 4º é xeralmente aceptado adicar entre 45 minutos e unha hora diaria, como norma xeral, dependendo dos distintos procesos e ritmos de aprendizaxe. É dicir, é necesario ter en conta as necesidades de cada un. |
- Tarefas non rematadas na aula.
- Tarefas de reforzo.
- Repaso do explicado na aula.
- Estudo.
A lectura non debe ser percibida como tarefa. É algo para facer no tempo de lecer, NON unha penosa actividade escolar. |
lunes, 4 de octubre de 2021
ÁNGELES ALVARIÑO
Hai pouco google dedicoulle o seu logo a Ángeles Alvariño. Sabedes que foi?
Foi unha científica galega considerada unha autoridade a nivel mundial en investigación do zooplancton mariño. Logrou ser a primeira muller en participar na expedición científica do buque inglés Sarsia. Descubriu 22 novas especies de plancton.
Pero para saber máis...
-
Consellos para establecer un hábito de estudo Cando falamos de estudo, en nenas e nenos de Ed. Primaria, estamos a falar non só das t...
-
Hoxe, no día do libro, faise unha homenaxe a unha librería emblemática na nosa vila, Seijas , que durante moitos anos achegounos á lectura....