Vistas de página en total

miércoles, 6 de octubre de 2021

HÁBITOS DE ESTUDO

 


Consellos para establecer un hábito de estudo


Cando falamos de estudo, en nenas e nenos de Ed. Primaria, estamos a falar non só das tarefas, se non de todas as actividades referidas ao traballo escolar como repasos e estudo de distintos temas, traballos, lecturas, consultas en internet,…. Sempre hai algo que traballar. Se non hai tarefas haberá que repasar leccións, facer exercicios a modo de práctica,….

O estudo é necesario para o normal desenvolvemento da aprendizaxe. Creando un hábito de estudo facilitamos a aprendizaxe no presente e preparamos ao alumnado para afrontar os estudos que realicen no futuro, que requiren de máis tempo pola súa dificultade.


Onde estudar?

Cando estudar?

Como crear o hábito?

Canto tempo?

Que estudar?

Preferiblemente no mesmo lugar.


Non pode haber distraccións ao seu alcance. É moi difícil estudar ou facer unha tarefa que require concentración ao mesmo tempo que ollamos para a televisión, por exemplo.

Preferiblemente sempre á mesma hora.


Un bo momento é entre as 17 e as 19 horas. Deixando un tempo de descanso despois de comer e evitando rematar moi tarde.



Os 15 minutos anteriores ao estudo evitar realizar actividades excitantes.


Establecer un pequeno ritual antes de comerzar, como por o material que se precisa, revisar a axenda para ver o traballo que se precisa facer, despexala mesa de traballo,…


Evitar as interrupcións, especialmente durante os primeiros 10 ou 15 minutos.


Dependendo da persoa, pode ser moi aconsellable “visitar” á nena ou neno para supervisar” o traballo e animalo a que continúe.


Insistir na importancia de intentar realizar as tarefas. Apréndese máis do que se fai mal que do que NON se fai.


Con alumnado que teña pouco hábito de estudo comezar durante dúas semanas con 30 minutos diarios reais.

A partir da segunda semana aumentar o tempo progresivamente.

Para alumnado de 3º e 4º é xeralmente aceptado adicar entre 45 minutos e unha hora diaria, como norma xeral, dependendo dos distintos procesos e ritmos de aprendizaxe.

É dicir,  é necesario ter en conta as necesidades de cada un.

- Tarefas non rematadas na aula.


- Tarefas de reforzo.


- Repaso do explicado na aula.


- Estudo.



A lectura non debe ser percibida como tarefa. É algo para facer no tempo de lecer, NON unha penosa actividade escolar.


APRENDER E PRACTICAR A DIVISIÓN