Candela aconséllanos: "O teatro do corpo humano".
AUTORA: Maris Wicks
EDITORIAL: Astronave
É un cómic divertido. Con el aprendes como é o noso corpo por dentro de forma divertida. Aprendes como funcionan os músculos, o corazón, as tripas ou as células. Está dividido en actos como se fose unha obra de teatro e o presentador é un esqueleto humano.
O que máis me gustou é o sistema inmunitario porque descubrín outros virus que eu non coñecía, por exemplo as papeiras e a rubeola.
É moi fácil de ler e recoméndovolo MOITO.